sábado, 21 de marzo de 2015

O DÍA DA ÁRBORE

Os alumnos de 2º da ESO foron a Cudeiro para plantar unhas árbores e coñecer moitas especies do lugar.Tamén recibiron unha charla, impartida por un Axente Forestal da Xunta de Galicia,  sobre a importancia das árbores, a biodiversidade, o impacto ambiental das actividades humanas e  a contaminación.
Outra actividade que realizaron, por certo  moi interesante, foi aprender a orientarse con un mapa e tamén polo sol.
Os lugares visitados foron a Capela de San Marcos e a de San Bieito, todas elas atópanse no Camiño de Santiago.

video


lunes, 2 de marzo de 2015

II PREMIO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

Os alumnos do colexio dos cursos de ensino secundario obrigatorio realizarán unha redacción sobre o Estatuto de Autonomía, tendo así a oportunidade de conmemorar a súa aprobación e contribuír á difusión do seu contido e significado. Ademáis participarán unha vez máis no concurso organizado pola Deputación de Ourense, podendo conseguir os alumnos premiados un diploma, unha colección de libros e material audiovisual.
O curso anterior, dous alumnos de 3º da ESO do colexio conseguiron o premio pola realización dunha redacción.

A data límite de entrega é o 18 de Marzo!